CRTVG

Buscar

Bos días

Coñecemos a Fundación Xeito Novo, que leva 30 anos espallando a cultura galega na Arxentina

Publicado o 31/12/2015 09:29

A fundación Xeito Novo leva máis de 30 anos espallando a cultura galega pola Arxentina grazas ao seu grupo folk e á escola de danza e música tradicional. Un equipo da Televisión de Galicia estivo con eles para coñecer un pouco mellor o seu labor e participar en Galiza Sempre, o festival que organizan.

Dende 1984 a fundación Xeito Novo traballa para representar á cultura galega na Arxentina a través das súas formacións artísticas e os traballos de investigación que realiza.

"Cun concepto novo de ver a música tradicional non só como un elemento que puidera conmover os nosos pais e os nosos avós se non distinguiamos unha proxección artística para poder competir con calquera oferta cultural na Arxentina", afirma o director da Fundación.

Todo, forxado grazas ó material obtido da recolleita entre os maiores galegos da diáspora e os estudos etnográficos que elaboraron.

"Este é o material que nós temos que trasladar porque é a historia viva de Galicia sen ningún tipo de inventiva coreográfica", explica Carlos Fernández.

Máis de 200 persoas integran esta entidade que percorre os escenarios do país austral.

O seu referente é Castelao, a quen ano a ano lle adican o nome do seu festival Galiza Sempre. Un espectáculo co que homenaxean ás súas raices pero tamén un legado cultural que xa forma parte da ideosincrasia arxentina.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

31/12/2015