A Revista
Coñecemos a Carmela, unha adolescente coruñesa con síndrome de Down que ten a súa propia liña de bixutería
Publicado o 03/05/2018 13:25
Agora queremos contarlles a historia de Carmen Álvarez, unha adolescente con síndrome de Down e moitas inquietudes.
Quere ser 'youtuber', cantante e deseñadora de xoias.
O que naceu como unha actividade para axudar a súa motricidade converteuse, grazas ao apoio da súa familia, nunha firma de complementos. Como van comprobar deseguido, Carmela mola moito!