CRTVG

Buscar

Condutores sorprendidos polo aparatoso pero rutineiro control de seguridade na AP-9

Publicado o 29/03/2019 22:35

Centos de condutores que este serán circulaban pola AP-9 atopáronse cun aparatoso control, con ducias de vehículos mais furgonetas, e axentes traballando con cans adiestrados. Pararon unha chea de condutores e para inspeccionar unha boa cantidade de vehículos que circulaban na zona do quilómetro 118 da autoestrada, polos carrís sentido a Sanxenxo, antes xusto desa saída. A Garda Civil informou de que, malia a intensidade de medios empregados, este control de seguridade é só rutineiro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019