CRTVG

Buscar

Condutores e transportistas cualifican a suba das peaxes da AP-9 "abusiva"

Publicado o 01/01/2019 14:52

Os primeiros condutores deste 2019 xa notaron a suba das peaxes e non dubidaron en cualificala de "abusiva". Sobre todo os que teñen que coller o coche todos os días por motivo de traballo temen que esta nova suba da peaxe, a anterior foi en outubro, acabe convertendo a AP-9 nun artigo de luxo. Din, ademais, que a tarifa é cara para o servizo que dá, xa que aseguran que hai deficiencias no firme e logas ringleiras nos meses de verán.

Igual ca as badaladas da Noitevella, a suba das peaxes das autoestradas estase convertendo nunha tradición coa que os condutores reciben o ano. Iso si, moi ao seu pesar. "Abuso" ou "atraco" son as palabras máis repetidas hoxe polos usuarios das autoestradas galegas. Sóbenlles a peaxe dunha vía vital para moitos deles, sobre todo por motivos de traballo. Pero é que, aínda por riba, non están satisfeitos co servizo que reciben a cambio.

As subas non paran aquí, porque ata o 2038 está previsto que as tarifas se incrementen un un por cento cada ano para sufragar os custos da circunvalación en Santiago e da ampliación da ponte de Rande. E ante esta persepectiva xa hai quen pensa.

Noticias web

01/01/2019