CRTVG

Buscar

Deteñen un condutor kamikaze logo dunha persecución de 14 kms. en sentido contrario

Publicado o 15/08/2019 14:06

A Policía tivo que iniciar unha persecución pola A-55 en Vigo para deter un condutor kamikaze. Foi de película. Tiveron que pechar todos os accesos de entrada a autovía e mesmo houbo feridos.Todo comezou cando o condutor temerario de 34 anos se cruzou cun coche patrulla da Policía Nacional. Aí empezou unha persecución onde o seu protagonista percorreu varios quilómetros en sentido contrario a gran velocidade. 

O condutor, un home de 34 anos de nacionalidade portuguesa, desatou o pánico durante máis de 14 quilómetros na autovía A-55 ata rematar aquí, nun carril sen saída deste vial, a altura de Bembrive-Segade e en dirección contraria. Aquí foi interceptado e detido por axentes da policía nacional poñendo fin a súa fuga. 

Pero todo comezou de madrugada nos semáforos do antigo seminario en Vigo. O home ante a proximidade dun vehículo policial, decide iniciar unha sorprendente fuxida que obriga a cortar varios dos accesos a esta autovía por mor da súa condución temeraria. 

O condutor, que ía dirección Portugal, quixo saír en Sanguiñeda pero dado cun vehículo da Garda Civil lle cortaba o paso decidiu incorporarse novamente a esta autovía en sentido contrario. A altura de Bembrive decide volver saír deste vial pero novamente tóparse cun coche da benemérita o que embiste cos axentes dentro.


No seu último intento por entrar novamente nesta autovía en dirección a Vigo métese nun carril  sen saída impactando contra o gardarraíl e un muro. O detido de 34 anos negouse a facer as probas de alcol e drogas e pasará a disposición xudicial en Vigo. A policía comprobou que xa contaba cunha detención anterior.

Noticias web

15/08/2019