CRTVG

Buscar

Conducir en chanclas e comer ou beber ao volante, as multas máis comúns do verán

Publicado o 07/08/2017 09:00

As multas oscilan entre os 80 e os 100 euros. Tamén é frecuente que Tráfico multe os condutores que van sen camiseta ou sacan o brazo pola ventá

As multas de tráfico máis comúns no verán.

Moitos desprazamentos son para ir á praia ou piscina. Pois ben, conducir en chanclas, aquí o ven, é unha infración frecuente. Supón unha multa de 80 euros.

Outra multa frecuente en verán. Comer, ou beber, ao volante. Son 100 euros.

E en caso de que conduza sen camiseta, a DXT considérao falta leve: 80 euros.

Sacar o brazo pola ventá ten unha sanción de 80 euros.

E rematamos coa manipulación do GPS ou o móbil. Esta infracción ten como consecuencia unha multa de 200 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/08/2017