Conduce un autobús con pasaxeiros utilizando o móbil durante máis de 30 quilómetros
Publicado o 21/02/2021 13:07
Un dos pasaxeiros do autobús denunciou os feitos e gravou a infacción ao volante que sucedeu o 26 de novembro contra ás 6 da mañá. A Garda Civil investiga o condutor, un home de 33 anos, como suposto autor dun delito contra a seguridade vial por conducir o vehículo con pasaxeiros facendo uso do móbil durante máis de 30 quilómetros nunha estrada de Segovia.
Durante o percorrido, o condutor mesmo realizou videoconferencias e chamadas. Un dos pasaxeiros, que observou a situación, gravouno co seu móbil e denunciou os feitos.
Este tipo de comportamentos que poñen en perigo a vida dos pasaxeiros poden supoñer penas de cárcere de seis meses a dous anos e a retirada do permiso desde un ata os seis anos.