CRTVG

Buscar

Conduce co seu fillo sen puntos e dá positivo en alcol e cocaína, en Cambados

Publicado o 12/03/2019 19:42
Conduce co seu fillo sen puntos e dá positivo en alcol e cocaína, en Cambados

A Garda Civil interceptou ao volante unha veciña de Cambados que circulaba acompañada polo seu fillo de dous anos e que conducía sen puntos no carné. Ademais, deu positivo na proba de alcol e drogas.

O Instituto Armado informou nun comunicado que se trata da segunda vez en dous meses que esta condutora é sorprendida ao volante sen dispoñer de puntos no seu carné. Nesta ocasión viaxaba acompañada por un fillo de dous anos e deu positivo nas probas de alcol e droga, en cocaína. A Garda Civil sinala que a reiteración da "conduta neglixente" desta persoa deu lugar á instrución de novas dilixencias penais por un delito contra a seguridade viaria.

Así mesmo, tamén se puxo o caso coñecemento da Fiscalía de Menores por se procedese a adopción dalgunha medida cautelar ou de protección con relación co seu fillo.

Noticias web

12/03/2019