CRTVG

Buscar

Confirman as condenas de ata 20 anos para unha familia polo rapto e violación dunha muller en Ourense

Publicado o 28/09/2021 14:41
Confirman as condenas de ata 20 anos para unha familia polo rapto e violación dunha muller en Ourense

O Supremo confirma as condenas de entre 5 e 20 anos de prisión para a familia que raptou e violou unha muller en Ourense. A vítima permaneceu en cativerio durante 19 días. O seu secuestrador, un home de 40 anos, levouna para a súa casa. Alí ameazouna, torturouna e agrediuna sexualmente, coa colaboración dos seus pais e os seus irmáns. A sentenza impútalles delitos de detención ilegal, agresión sexual e lesións.

Noticias web

28/09/2021