CRTVG

Buscar

Outros líderes independentistas condenaron tamén os episodios violentos

Publicado o 17/10/2019 08:22

Outros líderes independentistas condenaron tamén os episodios violentos. O ex-presidente Puigdemont asegura que eses incendiarios nunca estiveron entre eles e que non precisan a violencia para gañar. Di que só a necesita o Estado para detorralos.

Na mesma liña, un dos condenados, Oriol Junqueras, asegura que é precisa a mobilización pero rexeitando a violencia, veña de onde veña.
E o presidente do Parlamento catalán di que hai feitos que non os representan e que o seu deber é illar calquera comportamento violento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019