CRTVG

Buscar

Condénano a dous meses de cárcere por incumprir varias veces o confinamento en Santiago

Publicado o 07/04/2020 20:24
Condénano a dous meses de cárcere por incumprir varias veces o confinamento en Santiago

Un home foi condenado en Santiago de Compostela a dous meses de cárcere por incumprir o confinamento de xeito sistemático. Ata en cinco ocasións foi interceptado pola policía, entre o 21 de marzo e o 2 de abril, consumindo alcol, drogas e deambulando pola cidade. O Xulgado de Instrución número 1 de Santiago, en funcións de garda, condenou este home como autor dun delito de desobediencia, por incumprir a orde de confinamento derivada do estado de alarma. O home recoñeceu os feitos ante a xuíza e chegou a un acordo coa Fiscalía sobre a pena, polo que non se recorrerá a sentenza.