CRTVG

Buscar

Condenan uns corretores de seguros de Ferrol a tres anos e medio de cárcere por estafa continuada

Publicado o 21/11/2019 14:52

A Audiencia da Coruña condena por un delito de estafa continuada un matrimonio que rexentaba unha corretaxe de seguros en Ferrol e Narón.

A pena coa que se conformaron é de tres anos e medio cada un dos membros da parella. Enfrontábanse a unha petición inicial da fiscala de 9 anos de cárcere pero aceptaron as acusacións e reducíronlles a condena. Entre 2008 e 2012 apoderáronse de máis de 42.000 euros dos clientes que lles pagaban unhas primas de seguro que eles non daban de alta.

Ademais da pena de prisión, terán que pagar cada un unha multa de algo máis de mil euros e indemnizar solidariamente máis de medio cento de prexudicados. Desas indemnizacións terá que responder tamén a compañía de seguros Chratis Europe, da que eran socios os acusados, e que está integrada en IAG.

Noticias web

21/11/2019