CRTVG

Buscar

Condenan unha nai de Ribadavia por tirarlle un garfo ao seu fillo durante unha discusión

Publicado o 16/05/2018 14:08

Unha veciña de Ribadavia foi condenada a 63 días de traballos comunitarios por lle tirar un garfo ao seu fillo de once anos durante unha discusión.

A muller chegou a un acordo de conformidade coa Fiscalía, que lle imputaba un delito de maltrato no ámbito familiar. Ademais dos traballos sociais, tamén lle impuxeron unha orde de afastamento de 150 metros durante un mes, e 150 euros de indemnización para o menor, que sufriu un corte na fronte polo impacto do garfo. 

Os feitos ocorreron na casa da nai e foron denunciados polo pai, con quen vive actualmente o rapaz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018