CRTVG

Buscar

Condenan un veciño de Burela a catro anos de prisión por abusar da súa sobriña política

Publicado o 16/05/2018 14:00

Esta mañá era xulgado na Audiencia Provincial de Lugo un veciño de Burela acusado de abusos sexuais contra a súa sobriña menor de idade. As partes chegaron a un acordo de conformidade. Finalmente solicitan para o acusado que recoñeceu os feitos, catro anos de prisión e 14 de incomunicación coa vítima. 

Este veciño de Burela sentaba hoxe no banco dos acusados como o presunto autor dun delito continuado de abuso sexual a unha menor. A vítima é a súa sobriña política, de dez anos. Os feitos ocorreron entre mediados do 2016 e abril do 2017 en repetidas ocasións. O acusado quedaba a cargo da menor e sometíaa a prácticas de contido sexual segundo relata no seu escrito a Fiscalía.

Tocamentos dos que a menor non dixo nada por medo. Foi o seu irmán maior o que primeiro sospeitou e logo descubriu o que estaba a acontecer. Nese momento foi cando se interpuxo a denuncia contra o acusado, que hoxe ante o tribunal recoñecía ser o autor dos feitos. Previamente as partes chegaron a un acordo de conformidade. Neste acordo rebáixase de seis a catro anos a pena de prisión, establécese unha orde de afastamento da vítima de 500 metros e total incomunicación durante 14 anos. Tamén se establece a prohibición de que o acusado volva a residir na vila mariñá durante dez anos, e réxime de liberdade vixiada durante 8.  Terá que correr cos gastos da asistencia sanitaria que tivo que recibir a menor e indemnizala con 18.000 euros por danos morais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018