CRTVG

Buscar

Condenan un home de Santiago por acosar sexualmente e ameazar a asistenta

Publicado o 06/02/2020 12:22

Enfrontábase a case tres anos de cárcere por acosar sexualmente a súa asistenta, ameazala e posuír armas sen licenza. Pero un acordo entre a súa avogada, a da acusación particular e o fiscal reduciulle considerablemente a condena.

Recoñeceu os feitos, acontecidos entre decembro de 2014 e 2015 no seu domicilio de Santiago, e foi condenado a un total de case dous anos de cárcere: cinco meses polo delito de acoso sexual, seis meses polas ameazas e un ano por posesión de armas sen licenza. Non se poderá achegar a menos de douscentos metros da vítima nun prazo de once meses e terá que indemnizala con mil euros.

A avogada do procesado pediu a suspensión da condena e non terá que ingresar en prisión se non volve dilinquir en dous anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/02/2020