CRTVG

Buscar

Condenan os acusados de roubos en casas de Pontevedra e Ourense

Publicado o 02/03/2020 14:31
Condenan os acusados de roubos en casas de Pontevedra e Ourense

O xuíz condena catro dos sete acusados de roubar en varias casas do rural nas provincias de Pontevedra e Ourense hai catro anos.

A sentenza considera que os catro son responsables de polo menos 10 roubos en casas de varios concellos. A Garda Civil atopara parte do botín roubado nos domicilios dos acusados. Incautáronse de xoias, reloxos e bolsos de marca. Os roubos coincidían no xeito de actuar. Sempre á luz do día cando os donos marchaban traballar. Accedían ás casas rompendo a porta de entrada ou as ventás.

Noticias web

02/03/2020