CRTVG

Buscar

Condenan o titular e un empregado dunha canteira por tenza ilícita de explosivos

Publicado o 30/01/2020 14:30

Dous traballadores dunha canteira de Carballeda de Avia sentaron hoxe no banco dos acusados por tenza ilícita de explosivos.

A Garda Civil sorprendeunos instalando un barreno nunha rocha e incautoulles preto dun quilo e medio de pólvora negra, malia que non tiñan autorización para utilizar explosivos.

Ambos os dous recoñeceron os feitos e a fiscala reduciu a pena solicitada que, inicialmente, era de 5 anos para o titular da explotación e de 4 para o empregado. Finalmente, quedou en 2 anos para o primeiro e dous meses menos para o segundo, de maneira que non ingresarán en prisión. A sentenza quedou ditada na mesma sesión.

Noticias web

30/01/2020