CRTVG

Buscar

Condenan o Rei do Cachopo a 15 anos de cárcere polo homicidio de Heidi Paz

Publicado o 22/06/2021 10:32
Condenan o Rei do Cachopo a 15 anos de cárcere polo homicidio de Heidi Paz

A Audiencia Provincial de Madrid condenou a 15 anos de cárcere a César Román, coñecido como o Rei do Cachopo, polo homicidio da súa exmoza Heidi Paz no 2018, cos agravantes de parentesco e xénero.

A sentenza segue o veredicto de culpabilidade emitido o pasado 1 de xuño polo xurado popular, que o considerou por unanimidade culpable de matar a Heidi Paz e despezala tras non aceptar que quixese acabar coa relación que ambos os dous mantiñan.

A Fiscalía solicitou 15 anos e cinco meses de prisión por homicidio e profanación de cadáver, o mesmo ca a acusación popular exercida pola Comunidade de Madrid. A acusación particular pediu 28 anos e cinco meses de cárcere por asasinato, profanación de cadáver e malos tratos.

Noticias web

22/06/2021