CRTVG

Buscar

Condenan o millonario portugués acusado de tentar matar a muller a 6 meses de prisión por enviar cartas aos amigos da vítima

Publicado o 12/02/2020 13:41

Condenado a 6 meses de prisión por enviar cartas a amigos da vítima o millonario luso que fora xulgado por intentar matar a súa muller. Carlos Inácio Pinto, que está en prisión provisional, volveu sentar no banco dos acusados, desta vez acusado de delito continuado de quebrantamento de medida cautelar.

O home envioulles 5 cartas dende o cárcere da Lama aos amigos que tiña en comun coa súa muller. Nelas escribiu mensaxes para a vítima, como método de presión para que aceptase un acordo na causa por intentar matala. Supostamente en 2016 atacouna cunha maza de canteiro cando se atopaba no baño. O acusado permanece á espera da sentenza.

Noticias web

12/02/2020