CRTVG

Buscar

Condenan o home de Pilar Garrido, a española asasinada en México, por feminicidio

Publicado o 11/01/2019 09:19

Pilar Garrido, o seu home e o seu fillo vivían no estado mexicano de Tamaulipas. Segundo o relato da Fiscalía, confirmado agora polos xuices, Jorge Fernández matou a súa muller o 2 de xullo de 2017. Despois, deixou o seu corpo nunha zona de matogueiras á beira da estrada. Ao chegar á casa, denunciou que uns delincuentes os interceptaran na estrada e secuestraron a Pilar.

O achado do corpo da vítima e a investigación policial botaron abaixo a versión de Jorge Fernández, que acabou detido e acusado de asasinato. Os detalles da sentenza faranse públicos a semana que vén, pero o avogado da defensa xa anunciou que recorrerán.

Jesús Govea, avogado da defensa, di que van esgotar todas as instancias porque hai motivos de carácter procesal e erros xudiciais. A familia de Jorge Fernández defende a súa inocencia e acusa o tribunal de ser xuíz e parte neste caso.

Segundo o pai de Jorge Fernández, o xuíz dixo cousas das que non se achegaron probas e desestimou por completo, coma se fose o fiscal, as testemuñas. Segundo fontes da investigación, a decisión do tribunal foi unánime. A condena por feminicidio podería mantelo na cadea entre 40 e 50 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019