CRTVG

Buscar

Condenan o Concello de Vigo a indemnizar unha muller que caeu na rúa

Publicado o 13/06/2019 16:20

Os servizos xurídicos do Concello de Vigo están xa estudando esa sentenza que condena á administración municipal a pagar máis de 26.000 euros a unha muller por unha caída no paseo das Avenidas. A vítima estivo máis de seis meses de baixa laboral e tivo que someterse a distintos tratamentos médicos.

Abel Caballero quixo matizar que en calquera caso este feito non ten nada que ver o sucedido no Marisquiño. Abel Caballero destacou que neste caso foi un tropezo cunha táboa levantada, mentres que entón se colocara a rentes unha estrutura de cemento de mil toneladas, algo que -insistiu- xa foi valorado polos peritos xudiciais e non ten nada que ver coa cidade.
 

Noticias web

13/06/2019