Condenan, en Lugo, unha parella que extorsionou un menor para que conseguise xoias
O Xulgado do Penal número 2 de Lugo condenou unha parella por extorsionar un menor durante meses para que lle entregase diñeiro e xoias da súa familia. Os feitos comezaron no ano 2017, cando un home e unha muller, residentes na cidade da muralla, se achegaron a un grupo de menores para intentar roubalos. Un deles, asustado, entregoulles todo o que tiña, o que lles fixo ver nel unha vítima fácil e decidiron comezar a extorsionalo.
Conseguiron o seu número de teléfono e empezaron a enviarlles mensaxe ameazantes en que lle pedían cartos. A pesar de que cumpriu co demandado, chegaron a darlle unha malleira en que lle romperon o labio e finalmente decidiu denunciar os feitos.
A Policía Nacional abriu unha investigación que rematou coa detención destas dúas persoas. Un deles foi condenado a 4 anos e medio de prisión por un delito de roubo con violencia e intimidación e por ameazas e a súa parella, a 2 anos de cárcere por un delito de subtracción.