CRTVG

Buscar

Condenan dúas mulleres de Dumbría por dárenlle unha malleira a unha veciña

Publicado o 02/12/2020 14:40

Os feitos tiveron lugar en febreiro de 2016, cando unha veciña de Dumbría pasaba a tarde nesta parcela da súa propiedade.

Dúas mulleres dunha aldea próxima achegáronse ata o lugar e déronlle unha malleira que a imposibilitou para as súas tarefas habituais durante un ano ao ter que ser operada dun ombro. 

As acusadas, que, segundo nos contan na zona, non era a primeira vez que agredían a alguén, foron condenadas por un delito de lesións e están obrigadas a indemnizar a vítima con algo máis de 20.000 euros polos danos e os gastos que lle xeraron derivados dos tratamentos a que se tivo que someter. 

A maiores terán que indemnizar o Sergas polos gastos de asistencia á agredida, incluída a intervención cirúrxica. 

Noticias web

02/12/2020