CRTVG

Buscar

Condenan catro persoas por vender cocaína na Estrada e Lalín

Publicado o 08/10/2019 13:16

Catro procesados por traficar con cocaína a pequena escala en Lalín e na Estrada aceptaron os cargos e os seus avogados negociaron a cambio unha rebaixa das penas.

A dous dos acusados, con antecedentes por feitos similares, o fiscal pedíalles seis anos de cárcere, que quedaron reducidos a catro e medio. Outros dous, que traficaban nun pub de Lalín, enfrontábanse a sete anos de prisión e reducíronlles a pena a dous e tres anos.

Tres dos procesados non ingresarán en prisión coa condición de que non volvan delinquir polo tempo que dure a condena. Outro aínda ten pendente de cumprir outra pena de tres anos por feitos similares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2019