Condenan o Sergas a pagar 180.000 euros pola morte dunha moza no hospital Montecelo
Publicado o 13/05/2020 10:06
Condenan o Sergas a pagar 180.000 euros pola morte dunha moza nun caso que non está relacionado co coronavirus.
0 Servizo Galego de Saúde ten que indemnizar a familia da moza, que faleceu aos 25 anos a causa dunha bacteria adquirida no hospital Montecelo, de Pontevedra. A sentenza conclúe que sufriu a infección por un funcionamento anormal dos servizos sanitarios. O tribunal considera que o hospital non extremou os medios dos que dispuña para evitar o contaxio.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 21:37