CRTVG

Buscar

Condenan a tres anos un veciño da Serra de Outes por drogar dúas prostitutas

Publicado o 10/10/2018 14:16

Condenado un veciño da Serra de Outes por drogar dúas prostitutas. A Sección da Audiencia Provincial con sede en Santiago considera que é autor dun delito contra a saúde pública e doutro de lesións e condénao a tres anos e cinco meses de cárcere. Ademais, terá que pagarlles unha indemnización de 3.000 euros a unha das mulleres e 600 á outra, que sufriu efectos menores porque vomitou a bebida coa droga.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2018