CRTVG

Buscar

Condenan a dous anos de prisión o autor do atropelo que provocou a morte dunha muller en Barbadás

Publicado o 17/06/2021 20:57
Condenan a dous anos de prisión o autor do atropelo que provocou a morte dunha muller en Barbadás

Condenado a dous anos de prisión o mozo que atropelou un matrimonio no concello ourensán de Barbadás, causándolle a morte á muller.

Ocorreu en novembro de 2016, no barrio urbano da Valenzá. O matrimonio cruzaba correctamente, por un paso de peóns, e o turismo levounos por diante. Ela tiña 76 anos e faleceu no acto.

A xuíza considera probado que o acusado, un mozo que daquela tiña 22 anos, conducía baixo os efectos das drogas. A sentenza contempla tamén unha indemnización de 250.000 euros á familia da falecida e 12.000 ao marido, que tamén sufriu lesións.

 

Noticias web

17/06/2021