CRTVG

Buscar

Condenan a catro anos de prisión o ex-director dun banco por quedar cos cartos da clientela

Publicado o 27/11/2019 20:02

Condenado a catro anos de prisión o ex-director dunha sucursal bancaria de Entrimo por quedar con cartos dos clientes.

A Audiencia Provincial de Ourense considera probado que, durante case vinte anos, accedeu a un millón e medio de euros dos clientes sen o seu consentimento, e obrígao a devolverlle os cartos á entidade bancaria, que xa lles pagou aos afectados.

O tribunal impútalle os delitos continuados de apropiación indebida e falsidade documental.

Noticias web

27/11/2019