CRTVG

Buscar

Condenan a Bayer a pagar 2.000 millóns a una parella que contraeu cancro polo glifosato de Monsanto

Publicado o 14/05/2019 16:10

Un laboratorio químico alemán terá que pagarlle dous mil millóns a un matrimonio dos Estados Unidos vítima do cancro. A sentenza di que foi debido aos compoñentes dun herbicida, o glifosato, e xa é a terceira vez que un xuíz decide contra a empresa por esta cuestión.

O glifosato é un herbicida que a Organización Mundial da Saúde clasifica como "probablemente canceríxeno para os seres humanos" baseándose en estudos que evidencian que é canceríxeno para os animais.

Acusan a empresa de neglixencia por non comunicar os usuarios que o composto químico supón unha ameaza para a saúde. Terras de cultivo, parques e ata beirarrúas réganse con este produto en todo o mundo.

En España hai máis de 100 produtos autorizados que o conteñen. A Unión Europea renovou ata o 2021 a licenza do glifosato.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019