Condenan a 18 anos e medio de prisión o autor confeso do crime de Ponte Caldelas
Publicado o 08/11/2019 08:11
• A Audiencia imponlle 23 anos de afastamento da viúva do home matou con aleivosía e asañamento
Dezaoito anos e medio de cadea para Marcos Vidal, autor confeso do crime de Ponte Caldelas. Acabamos de coñecer a sentenza, que ademais lle impón 23 anos de afastamento da viúva do home ao que Vidal matou con aleivosía e asañamento.
O ditame recolle que o acusado mantivo unha relación sentimental intermitente coa esposa do home ao que matou a coiteladas.