CRTVG

Buscar

Condenan a 118 anos de prisión un galego por varios delitos de pornografía infantil

Publicado o 07/05/2021 19:44
Condenan a 118 anos de prisión un galego por varios delitos de pornografía infantil

Condenan a 118 anos de cárcere un veciño do partido xudicial de Padrón acusado de elaborar pornografía con menores. A Audiencia da Coruña considerao autor dun delito de pornografía infantil, 12 de elaboración de pornografía, 9 de abusos e un de agresión sexual. O tribunal impúxolle ademais 10 anos de liberdade vixiada. Tamén o inhabilita para calquera profesión en que teña que tratar con rapaces. O home contactaba cos menores a través das redes sociais facéndose pasar por unha rapaza. A policía atopou na súa casa máis de 850 horas de gravacións.