CRTVG

Buscar

Condenados a tres meses de prisións e unha multa de 28.000 euros os donos de dous cans que atacaron unha anciá

Publicado o 08/04/2021 15:14

Hai ano e medio unha octoxenaria de Melide foi atacada por dous cans de raza perigosa cando paseaba por unha estrada próxima a súa casa. Tras o ataque, a muller pasou 108 días hospitalizada e con prognóstico moi grave, pasando unha tempada na UCI. 

Ademais das graves secuelas que aínda arrastra, despois de ano e medio, Mercedes segue a ter o medo no corpo. Non conseguiu pisar de novo o lugar dos feitos. 

Agora a Fiscalía pide 3 meses de prisión para o dono dos cans por consideralo autor dun delito de lesións por imprudencia grave e condénao a pagar unha indemnización de 28.000 euros, algo co que a familia non está moi conforme. A avogada da familia tratará de recorrer a sentenza para que Mercedes poida recibir xustiza tras un susto que case lle custa a vida. 

Noticias web

08/04/2021