CRTVG

Buscar

Condenados a 14 anos tres acusados de violar en grupo unha muller en Sevilla

Publicado o 08/01/2019 20:12

A Audiencia Provincial de Sevilla condena a 14 anos de cadea os tres acusados, de nacionalidade romanesa, de 30 e 31 anos, por agredir sexualmente unha muller paraguaia de 27, en abril de 2017.

O tribunal considera probado que os condenados, tras saír de madrugada dunha discoteca nun vehículo, agrediron sexualmente, en grupo, a vítima, nun descampado próximo ao estadio da Cartuja, en Sevilla, deixándoa abandonada nunha beiravía.

A sentenza tamén os condena a non comunicarse coa vítima nin achegarse a menos de 300 metros, durante vinte anos, e a indemnizala con máis de 8.300 euros polas lesións, secuelas psíquicas e danos morais que padece pola agresión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019