CRTVG

Buscar

Condenado un pai por chamarlle "julandrón" ao seu fillo por non atinar cos deberes

Publicado o 09/02/2018 18:20
Condenado un pai por chamarlle "julandrón" ao seu fillo por non atinar cos deberes

 

A Audiencia de Granada condenou un pai por un delito leve de vexacións despois de que dirixise expresións despectivas ao seu fillo menor de idade mentres lle axudaba a facer os deberes, dicíndolle que era "parvo" ou un "julandrón", situación que a súa outra filla gravou co móbil e remitiu á nai.

Na sentenza, a Sección Segunda da Audiencia desestima o recurso que a proxenitora interpuxo contra unha resolución anterior do Xulgado do Penal número 5 de Granada, que condenou ao pai á pena de oito días de localización permanente, absolvéndolle dos delitos de malos tratos habituais e malos tratos dos que lle acusaba a súa ex-parella, que exerceu a acusación particular. 

A sentenza que agora confirmou a Audiencia considera probado que, estando o pai no seu domicilio axudando ao seu fillo para facer os deberes, comezou a dirixirlle expresións en ton humillante e intimidatorio, como "trae o puto lapis", "que parvo es, macho", "so alcornoque".

En relación a unha multiplicación, espetoulle "se teño bolis e multiplícoos, como pollas vai dar gomas, darame bolis"."Se un e son dous e estes son catro, pois por dous, julandrón, dio, que cho vou a sacar dun bofetón", agregou, instando o menor a "falar como un tío".

Estas palabras foron gravadas co móbil pola súa filla, que remitiu a gravación á súa nai, a cal afirmou ante o Xulgado que isto non era un feito illado, atribuíndolle un delito de malos tratos habituais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018