CRTVG

Buscar

Condenado un arteixán a dez anos de cadea por abusar dunha nena

Publicado o 01/05/2019 17:15

A Audiencia Provincial da Coruña condena a dez anos de cárcere un mozo de 26 anos por abusos sexuais a unha menor.

O xuíz tamén lle impón cinco anos de liberdade vixiada e a prohibición de achegarse a menos de 500 metros, así como comunicarse con ela por calquera medio durante un período de 12 anos.

O tribunal considera probado que en xaneiro de 2017 o condenado mantivo relacións sexuais cunha nena de 13 anos dentro dun vehiculo na localidade de Culleredo.

Fíxoo, segundo recolle a sentenza, malia coñecer a súa idade, unha circunstancia que condicionou o seu consentimento.

As relacións sexuais repetíronse a partir dese momento ata o verán dese mesmo ano.




 

Noticias web

01/05/2019