CRTVG

Buscar

Condenado tamén por apropiación indebida o parricida de Moraña

Publicado o 12/03/2020 13:39

David Oubel, o parricida de Moraña, cumpre, na actualidade, condena de prisión permanente revisable polo asasinato das súas fillas de 4 e 9 anos. Desde esta semana suma unha nova pena de cárcere. A sección cuarta da Audiencia de Pontevedra condenouno a tres anos e medio por un delito continuado de apropiación indebida agravada. Recoñeceu os feitos que aconteceron entre 2012 e o mes de xullo de 2015, cando matou as súas fillas e entrou en prisión provisional. Durante eses anos, apoderouse de case 70.000 euros dun total de oito comunidades de veciños das que se encargaba como xestor inmobiliario, uns cartos que utilizou para gastos persoais.

Esta sentenza é firme, xa que David Oubel se conformou para evitar outro xuízo. A nova condena terase en conta no momento en que sexa revisada a actual pena que cumpre de prisión permanente.

 

 

Noticias web

12/03/2020