CRTVG

Buscar

Condenado o expárroco de Seixalbo por acosar un menor con mensaxes de contido sexual

Publicado o 15/03/2021 16:44
Condenado o expárroco de Seixalbo por acosar un menor con mensaxes de contido sexual

O expárroco da localidade ourensá de Seixalbo aceptou este luns unha condena de 40 días de traballos en beneficio da comunidade por enviar a un menor ata 671 mensaxes de WhatsApp con contido sexual.

O crego, que recoñeceu os feitos ocorrido en febreiro de 2019, chegou a un acordo sobre a pena coa Fiscalía e a acusación particular, polo que o xuízo rápido programado para este luns non se celebrou.

O titular do xulgado de Instrución número 2 de Ourense ditou sentenza oral na sala e condenou o expárroco, que xa indemnizara a vítima antes do xuízo, por un delito de acoso. Do mesmo xeito, impúxolle a prohibición de comunicarse por calquera medio e de aproximarse ao prexudicado durante dous anos.