CRTVG

Buscar

Condenado a tres anos e medio de cárcere o ex-párroco de Ribadeo que se apropiou de obxectos relixiosos

Publicado o 20/06/2019 18:46
Condenado a tres anos e medio de cárcere o ex-párroco de Ribadeo que se apropiou de obxectos relixiosos

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou ao que foi párroco entre 2008 e 2012 de varias igrexas de Ribadeo e Trabada a tres anos e medio de cárcere como autor dun delito continuado de apropiación indebida.

Na resolución, os xuíces afirman que o sospeitoso se apoderou e incorporou ao seu patrimonio "decenas de obxectos relixiosos e de culto e imaxes relixiosas, así como mobles e outros obxectos pertencentes ás parroquias" que administraba. Algúns estaban recollidos no inventario artístico de Lugo e a súa provincia e outros figuraban na lista de bens da Igrexa católica e do Ministerio de Cultura.

Os maxistrados consideran acreditado no fallo que o ex-párroco, que era o encargado de custodiar os bens pertencentes á Igrexa, apropiouse de parte deles e, outros, deullos ao outro acusado, "ademais de arrogarse a potestade -da que non dispoñía- de decidir que bens tiñan valor e cales non".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019