CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Condenado a tres anos de cárcere o mozo que provocou un accidente mortal en Gondomar

Publicado o 11/09/2018 21:21
Xa hai condena para o mozo que causou un grave accidente de tráfico en Gondomar en que morreu unha persoa. Caéronlle tres anos de cárcere e cinco sen carné de conducir.
COLASO mozo conducía a case doucentos quilómetros por hora nunha zona restrinxida a 50, e a súa imprudencia causou a morte, segundo a xuíza, dun dos ocupantes do vehículo e feridas graves a outros tres. Estas imaxes do día do accidente, ocorrido hai uns dous anos, reflicten a brutalidade do impacto.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

11/09/2018