CRTVG

Buscar

Condenado a sete anos de prisión por agredir un mariñeiro danés en Vigo

Publicado o 19/08/2019 12:52

Sete anos de prisión para un home que asaltou e agrediu un mariñeiro danés para roubarlle o móvil, en Vigo. O xuízo celebrouse o mes pasado na sede viguesa da Audiencia Provincial.

A sentenza considera probado que abordou a vítima, na rúa Marqués de Valladares, golpeouno na cara cun obxecto cortante e quitoulle o móvil, dándose á fuga posteriormente.

O condenado refuxiárase nunha cafetería e fora detido pouco despois. A vítima sufriu importantes feridas na cara e mesmo tivo que someterse a operacións cirúrxicas. O home, que conta con outra condena por roubo, tamén terá que pagarlle ao agredido unha indemnización de 22.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019