CRTVG

Buscar

Condenado a seis meses de cárcere por un delito de incendio forestal en Cartelle

Publicado o 06/12/2017 13:56

Condena por prender lume. Caéronlle seis meses de cárcere e unha multa de 1.080 euros por un delito de incendio forestal o ano pasado no concello de Cartelle. 

A Fiscalía impútáballe ser o autor de catro incendios provocados entre xuño e setembro do 2016, e pedía cinco anos de prisión para el por un delito continuado. No xuízo recoñeceu que era culpable dun deles. O tribunal absolveuno dos outros tres incendios, por entender que non hai probas abondas que demostren que os prendeu el.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2017