CRTVG

Buscar

Condenado a seis anos de cárcere por encerrar o seu pai nun habitáculo sen luz nin auga

Publicado o 31/05/2021 12:57
Condenado a seis anos de cárcere por encerrar o seu pai nun habitáculo sen luz nin auga

A Audiencia Provincial da Coruña condena a seis anos de cárcere un veciño de Santiago acusado de encerrar o seu pai nun habitáculo no medio do monte en condicións hixiénicas e sanitarias deplorables. O home, de 53 anos, fora acusado dun delito de detención ilegal dunha persoa desvalida co agravante de parentesco e de maltrato no ámbito de violencia doméstica. O acusado non poderá achegarse ao ancián a menos de 250 metros durante 15 anos e terá que indemnizalo con 2.000 euros. 

Noticias web

31/05/2021