CRTVG

Buscar

Condenado a nove meses de prisión e multa de 25.000 euros por vender medio gramo de cocaína preto dun colexio

Publicado o 12/06/2020 14:55

Un mozo de Ribeira foi condenado a nove meses de prisión máis multa de vinte e cinco euros tras recoñecer que vendeu medio gramo de cocaína preto dun centro escolar.

Asumir a autoría do feito e comprometerse a seguir durante dous anos co tratamento de deshabituación ás drogas que está a desenvolver permitíronlle librarse dunha pena de prisión.

O fiscal pedía cinco anos nas conclusión provisionais. Baixoulle a nove meses que non chegará a cumprir sempre que siga co plan antidroga. O acordo de conformidade entre as partes inclúe o recoñecemento de que houbo dilación indebida da causa por un feito acontecido en 2014. Seis anos despois, o caso quedou sentenciado esta mañá na sala compostelá da Audiencia Provincial da Coruña.

Noticias web

12/06/2020