CRTVG

Buscar

Condenado a dous anos de cárcere por unha tentativa de agresion sexual e lesións

Publicado o 11/07/2019 17:52

Sentenza firme para o acusado de agresión sexual en grao de tentativa e lesións leves á vítima en Vigo. Os feitos acontecían o 20 de febreiro de 2018 nas inmediacións do paseo da Guía cando un home sobre a unha e vinte da tarde se achegaba á vítima de 47 anos, que se atopaba sentada nunhas escaleiras, e a suxeitaba con forza pola cabeza para obrigala a satisfacer os seus desexos sexuais. O xa recoñecido responsable, malia á súa insistencia, non logrou finalmente o seu obxectivo.

Tras a celebración do xuízo este xoves e a conformidade entre a defensa do procesado e o demandado pola fiscalía, o acusado enfróntase a dous anos de cadea, que non chegará a cumprir por non ter antecedentes penais, tamén a prohibición de comunicarse ou achegarse á vítima durante os vindeiros dous anos e o pagamento dunha cota diaria de 6 euros durante tres meses, 525 polas lesións sufridas e 6.000 euros polos prexuízos morais ocasionados.

Como consecuencia dos feitos, a vítima presentou unha serie de danos que requiriron de asistencia médica. Pola súa banda, na sentenza tívose en conta a atenuante de alteración psíquica do acusado.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019