CRTVG

Buscar

Condenado a dous anos de cárcere por abusos sexuais a unha menor

Publicado o 01/10/2019 14:02

A Audiencia Provincial de Pontevedra condena a dous anos de cárcere un mozo por abusar sexualmente dunha menor. O xuízo non se chegou a celebrar porque acusacións e defensa pactaron un acordo que supuxo a rebaixa da petición inicial do fiscal, que era de cinco anos de cárcere.

A condena contempla ademais unha indemnización de 13.000 euros para a vítima e a prohibición de que o agresor se achegue a ela en 5 anos e cumpra outros 5 de liberdade vixiada. O condenado era compañeiro de vivenda do pai da menor e aproveitouse desta circunstancia para abusar dela.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019