CRTVG

Buscar

Condenado a dous anos de cadea por roubar 80 euros nunha lavandería de Lugo

Publicado o 13/07/2020 12:26

En Lugo, o xulgado impuxo unha condena de dous anos de cárcere a un home que forzou unha máquina dunha lavandería para roubar 80 euros.

A sentenza considera probado que en abril do 17 o home manipulou a caixa do cambio e roubou a recadación que, como dicimos, ascendía a 80 euros. A máquina sufriu desperfectos, polos que o seu propietario non reclamou ningunha indemnización, xa que recibira a compensación da aseguradora.

Aínda que o xuíz lle aplicou a atenuante de drogadicción, foi condenado a dous anos por roubo con forza coa agravante de reincidencia, xa que tiña tres condenas anteriores por feitos similares. A sentenza fora recorrida, pero a Audiencia Provincial acaba de ratificala.

Noticias web

13/07/2020