CRTVG

Buscar

Condenado a cinco anos de cadea por abusar da filla da súa parella en Lugo

Publicado o 10/11/2017 21:12

A Audiencia Provincial de Lugo condena a cinco anos de prisión un home que abusou da filla menor de idade da súa parella. 

Tamén se lle prohibe achegarse á vítima a una distancia inferior a 300 metros e comunicarse con ela por un período de seis anos. O tribunal considera probado que o individuo abusou da rapaza polo menos en 10 ocasións nos seis anos que durou a convivencia coa nai da rapaza. Ademais, deberá de indemnizar a vítima con 10.000 euros.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/11/2017