CRTVG

Buscar

Condenado a catro anos de cárcere por abusos sexuais a unha nena

Publicado o 19/09/2019 13:22

A Audiencia de Pontevedra condena a 4 anos de cárcere un individuo por un delito de abusos sexuais continuados a unha menor. O procesado recoñeceu os feitos a cambio de que a fiscalía rebaixase a petición inicial de pena, que era de doce anos de prisión. A condena supón, ademais, 5 anos de liberdade vixiada, 15 de afastamento e o pagamento dunha indemnización de 30.000 euros.

Os feitos aconteceron en 2015. O condenado era coñecido da familia da menor e aproveitou a confianza que lle tiñan para abusar da nena.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/09/2019