CRTVG

Buscar

Condenado a 6 anos de prisión por violar a muller que limpaba na súa casa

Publicado o 04/11/2020 10:53

A Audiencia Provincial de Ourense condena a 6 anos de prisión un home por violar a muller que limpaba na súa casa.  

O acusado, de 46 anos, negou os feitos durante o xuízo. Afirmou que só lle fixera cóxegas, pero os maxistrados emitiron unha sentenza condenatoria porque consideran verosímil e coherente o testemuño da vítima, que mesmo sufríu crises de ansiedade tras a agresión.

Ademais de 6 anos de cadea, a sentenza imponlle outros 5 anos de liberdade vixiada e a prohición de achegarse ou comunicarse coa muller durante unha década.  

Noticias web

04/11/2020