CRTVG

Buscar

Condenado a 23 anos de cárcere un veciño do Valadouro por violar reiteradamente a súa muller

Publicado o 01/02/2019 14:28

Un veciño do concello lugués do Valadouro acusado de violar a súa muller terá que cumprir 23 anos de cadea.

Así o recolle a sentenza ditada pola Audiencia Provincial de Lugo, que o considera tamén culpable de malos tratos habituais e de esixirlle á muller cartos para comprar droga. O tribunal considera probado tamén que a ameazaba con facerlles dano ás súas fillas e mesmo con matalas. De feito, chegou a facerlle dano a unha delas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/02/2019